Simsala Grimm
Todos os contos teñen unha introdución protagonizada polo gato IoIo e a píntega Doutor Croc. Estes dous personaxes mergúllanse nas historias a través dun libro voador, que axudado das palabras máxicas "simsala grimm" os transporta a un sinfín de aventuras.
IoIo e o Doutor Crock continúan ao longo dos contos como fío condutor das historias, protagonizando e modificando a narración orixinal.