CRTVG

Buscar

Shin Chan

Todos temos un pasado. Papá e mamá tamén

Shin Chan é un neno optimista e despreocupado, que ten unha habilidade especial para alporizar todos cantos se cruzan no seu camiño. Tanto no colexio como na casa protagoniza todos os conflitos. Súa nai é agarimosa e comprometida coa súa educación, aínda que Shin Chan consegue convertela nunha nai estresada, frustrada e irritable. Seu pai, Hiroshi, é un directivo mal pagado, de costumes lixeiros, afeccionado á cervexa e ás festas cos amigos. Himawari, a irmá pequena de Shin Chan, xa dá mostras do seu parecido coa súa nai; vólvese tola polas xoias e os homes guapos e novos. Os Nohara viven en Toquio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí