CRTVG

Buscar

Raa Raa o leonciño rebuldeiro

O doutor Raa Raa

Raa raa é un león adorable e rebuldeiro. Xunto aos seus amigos Topsy, Crocky, Huffty, Zebby e Ooo Ooo vivirán unha chea de aventura! A pesar de ser pequeno, é o máis forte dos seus amigos e está tratando de atopar a súa propia voz.

Topsy é unha xirafa un pouco mandona, sobre todo á hora de axudar os seus amigos, pero grazas á súa intelixencia é capaz de resolver os problemas que lles vaian xurdindo. Crocky, como calquera crocodilo, vive no río, onde sofre bastantes contratempos, pero os seus amigos sempre están preto para axudalo. Huffty é un elefante un pouco torpe, pero tamén un excelente músico e cantante. Zebby é unha cebra bastante tímida, pero que ten moi bo oído e é capaz de oír calquera son da selva. Ooo Ooo é un mono alegre e bromista. Vaia panda! 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí