As aventuras de Tintín

As aventuras de Tintín

Tintín é un intrépido reporteiro. Caracterízase polo seu cabelo louro e un curioso floco. A pesar de ser reporteiro, en realidade actúa máis como aventureiro ou detective.

As bólas máxicas

As bólas máxicas

Áxil,  forte e sen ningún sinal de maldade dentro de si, Goku diferénciase dos outros personaxes por ter un rabo de mono.

A historia comeza cun neno pequeno que se chama Son Goku, que vive só na montaña Paozu. Foi atopado nunha selva polo ancián Son Gohan, qu elle ensinou kung fu. Unha noite, Gohan morreu a mans dun monstro misterioso. 

Betty atómica

Betty atómica

Atomic Betty é unha serie de aventuras cun ritmo alucinante. Xira en torno ós intentos de Betty de levar unha vida "normal" no planeta terra e defender a galaxia enteira. Este é un problema permanente para Betty, porque para ela ser unha Gardiá Galáctica representa unha obriga enorme e tamén unha honra. Pero como late outra clase de álxebra...

Blue Dragon

Blue Dragon

Os seus 51 capítulos, con humor e acción a esgalla, remítennos ó universo Dragon Ball, cun deseño elaborado por Hironobu Sakaguchi, creador de Final Fantasy, e mais unha trama e personaxes deseñados por Akira Toriyama, creador de Dragon Ball. A serie foi producida polo prestixioso Studio Pierrot, ben coñecido por series como Naruto e Bleach.

Caracois

Caracois

A serie “CARACOIS”, realizada a través da técnica stop-motion, está dirixida a un público de entre 2 e 4 anos de idade. Os capítulos, de seis minutos de duración, están baseados nas historias dos álbums de Armando Quintero e André Letria.