A abella Maia
A abella Maia non é só unha serie de animación, é unha marca. Varias xeracións de nenos creceron con ela e agora seguirano facendo coa nova produción en tres dimensións, que verá a luz no 2012 e que conta co compromiso das televisións máis importantes de Europa.
A tropa de trapo
Serie de debuxos animados baseada na longametraxe de factura galega do mesmo nome. Dirixida a un público infantil con idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos.
Alicia no país das marabillas
A historia de Alicia comeza no xardín, coas clases que lle dá a súa irmá maior, pero Alicia non lle presta ningunha atención. A rapaza xoga coa súa gatiña Diana e imaxina como sería un mundo creado por ela cando cae durmida.
Angela Anaconda
Angela Anaconda é unha serie de animación canadiense que transmitiuse en Teletoon e ABC Family. Centrase nas aventuras dunha nena de doce anos chamada Angela que vive na cidade imaxinaria Springs, ten irmáns, e odia a unha rapaza francesa chamada Nanette Manoir
As aventuras de Minchi
Minchi é unha cría de lagarta que soña con ser artista. Coqueta e divertida é a mascota de Dani, un neno de 7 anos que adora os réptiles
