Os misterios de Alfred
Cando o monte ataca
Alfred é un rapaz detective que leva sempre consigo un dispositivo smartphone chamado "detecberry". Coa axuda dos seus amigos e familiares, resolve misterios, a maioría dos cales teñen algo que ver co mundo natural ou da ciencia. Alfred e os seus amigos poñen en marcha as súas habilidades para recoller indicios, facerse preguntas, establecer comparacións e, finalmente resolver misterios.