CRTVG

Buscar

O meu amigo xigante

Linus é un rapaz de 12 anos, que un día atopa un extraterrestre xigante e de cor vermella chamado Boom. Xunto cos amigos de Linus, protexerán a calquera extraterrestre que estea perdido na cidade e sexa perseguido polo SDC.

Boom, de 93 anos, adopta a apariencia humana dun rapaz de 14 anos cando está en público. E acompaña nas súas aventuras aos amigos de Linus: Iris, unha rapaza de 12 anos, ntelixente e moi amable, que está namorada de Linus, pero non o admite. Monroe, de 11 anos; é o cerebro do grupo e encántanlle as matemáticas e a computación.Taki ten 13 anos, é o mecánico do grupo e non lle importa moito a escola. Ademais están os Beebees, que son pequenos extraterrestres.