CRTVG

Buscar

Miracle Tunes

Capítulo 1: 'A canción de Julie'

Esta ficción, adaptación dunha serie animada realizada con actores e actrices reais, combina música, baile, estética futurista e apoderamento feminino. Conta a historia dun grupo de música composto por estudantes que combaten o mal mediante a enerxía positiva que transmiten a través da súa música e dos seus bailes.

As protagonistas de ‘Miracle Tunes’ son Emily, Jasmine, Julie, Charlotte e Shophia, que forman o grupo Miracle Miracle. Pero non só son ídolos da música, senón que tamén teñen a misión de loitar en segredo para salvar o mundo da música. Coa axuda da Deusa da música e cos seus bailes terán que intentar recuperar as xoias roubadas por Demon e agora en poder dos Doku Doku Dan. Demon converteu as xoias en maléficas, de xeito que cando un humano as mira convértese en malvado. As Miracle Tunes terán que darse présa para recuperar todas as xoias, antes de que o mal triunfe e o mundo da música se extinga.