CRTVG

Buscar

Caracois

Caracol e Caracola

Caracol e Caracola descobren no seu xardín sorpresas e emocións polos misterios que depara a natureza e o mundo. Unha formiga, de patas lixeiras, e un vermiño serán os seus compañeiros na súa viaxe.

A serie “CARACOIS”, realizada a través da técnica stop-motion, está dirixida a un público de entre 2 e 4 anos de idade. Os capítulos, de seis minutos de duración, están baseados nas historias dos álbums de Armando Quintero e André Letria. Trátase de cinco libros de NanOQOs, colección de OQO editora en cartón duro e pequeno formato destinada aos prelectores.

Caracol e Caracola descobren no seu xardín sorpresas e emocións polos misterios que depara a natureza e o mundo. Unha formiga, de patas lixeiras, e un vermiño serán os seus compañeiros na súa viaxe.