CRTVG

Buscar

Bondi Band

As aventuras dun grupo de mini-heroes que aparentan ser unha simple banda de rock estudiantil. Os Bondi Band teñen como misión protexer a Vila Tornasol da gran Pedra Rosa, a fonte de enerxía máis poderosa do universo, que se agocha debaixo da súa cidade e que representa unha grande ameaza.

Baixo a fachada da banda, estes pequenos heroes cos seus poderosos instrumentos deben defender a cidade, rockeando en calquera escenario a todo volume contra o mal. Os Bondi Band son: Tony, o guitarrista, cantante e líder masculino da banda, co poder de lanzar raios eléctricos que se transforman en raios láser; Laila, cantante e vocalista, moi sensible aos sons e os olores, que co seu bastón pode emitir todo tipo de gases e xerar campos de forza protectores; Azim, o DJ, extremadamente habilidoso coa tecnoloxía, pode crear os hologramas máis realistas; David, o baixista, ten o don da velocidade, coas súas poderosas turbinas ninguén pode detelo; Nina, teclista e corista, pode disparar todo tipo de fluídos e transforma a auga en diferentes estados; e Boris, batería, dono dunha gran destreza física combinada co poder dos seus platillos e a súa forza. Todos xuntos han de loitar contra a malvada Miss C. Lebrety, cuxo principal obxectivo é obter a Pedra Rosa para facerse co control da Vila Tornasol e facerse cocmundo enteiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí