CRTVG

Buscar

Animaliños

Os animaliños están afeitos a unha vida doada como mascotas dun zoo de cidade, pero a súa vida tranquila da un xiro cando os envían a Dude Ranch, un ámbito descoñecido para eles. O seu novo fogar parécese pouco ao que podería considerarse como "unha granxa clásica"...

Os nosos Animaliños protagonistas son:

Dumpster é un touro infantil e inmaduro. Doogie é un can acostumado a ser a estrela da película, rebuldeiro e irresponsable. A vaca Mooloo, irmá maior de Dumpster, é unha peiteadora, obsesionada pola cosmética.

No grupo dos Animaliños tamén está Poppit, unha porquiña inventora, afeccionada á bricolaxe e á mecánica. Ela é a voz do sentido común. A súa mascota é Jot, un pez moi snob.

A cabra Gilly é a dona da cafetería-restaurante da granxa. Mentres que Drumstick, o vello galo, é o patriarca dos animais da granxa.

Beah, bebé pato, moi inquedo e activo. Buster, cabalo afeccionado aos ordenadores, á internet e aos videoxogos. Splat, gata desagradable, con moi mal carácter, odia os acabados de chegar. E, por último, Cheergirl.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí