CRTVG

Buscar

Academia de titáns

Descendentes de personaxes da mitoloxía grega, recollidos polos deuses do Olimpo, loitarán contra as falcatrúas de Cronos, o deus do tempo

Ás doce da noite de fin de ano, prodúcese unha aliñación de planetas e, a consecuencia disto, unha liberación enorme de enerxía electromagnética. Cronos, o deus do tempo, encerrado desde hai catro mil anos, foxe da prisión e leva con el uns xigantes e o temible Tifeo, un monstro que cospe lume e ten serpentes de patas. Namentres, os deuses do Olimpo, coa axuda dos grifóns, recollen os tres primeiros heroes -Jay, Herry e Atlanta- dos sete descendentes de personaxes da mitoloxía grega que van compoñer o equipo que loitará contra as falcatrúas de Cronos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí