A abella Maia

A abella Maia

A abella Maia non é só unha serie de animación, é unha marca. Varias xeracións de nenos creceron con ela e agora seguirano facendo coa nova produción en tres dimensións, que verá a luz no 2012 e que conta co compromiso das televisións máis importantes de Europa.

A tropa de trapo

A tropa de trapo

Serie de debuxos animados baseada na longametraxe de factura galega do mesmo nome. Dirixida a un público infantil con idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos.

Alicia no país das marabillas

Alicia no país das marabillas

A historia de Alicia comeza no xardín, coas clases que lle dá a súa irmá maior, pero Alicia non lle presta ningunha atención. A rapaza xoga coa súa gatiña Diana e imaxina como sería un mundo creado por ela cando cae durmida.

Angela Anaconda

Angela Anaconda

Angela Anaconda é unha serie de animación canadiense que transmitiuse  en Teletoon e ABC Family. Centrase nas aventuras dunha nena  de doce  anos chamada Angela que vive na cidade imaxinaria Springs, ten irmáns, e odia a unha rapaza francesa chamada Nanette Manoir

As aventuras de Minchi

As aventuras de Minchi

Minchi é unha cría de lagarta que soña con ser artista. Coqueta e divertida é a mascota de Dani, un neno de 7 anos que adora os réptiles