Presentación do proxecto Nós tamén creamos!
O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e a Directora da Televisión de Galicia, Rosa Vilas, presentaron o programa Nós tamén creamos de fomento de galego no ámbito educativo.
O programa está dirixido a nenos de entre 3 e 9 anos de 50 centros educativos que coa axuda dos profesores terán que realizar curtametraxes de animación aplicando a técnica de stop motion que consiste en crear a ilusión de movemento con imaxes fotografadas de debuxos, figuras de plastelina e outros materiais.
Como indicou o Conselleiro na presentación "é unha oportunidade para procurar unha relación positiva dos rapaces coa língua propia de Galicia. Queremos que o noso alumnado máis novo vexa dende o principio que en galego pode facer o que queira".
As mellores curtametraxes serán emitidas na tvG2 e todas poderán verse na web infantil da CRTVG. A Directora da TVG, Rosa Vilas, afirmou que "desde a posta en marcha da tvG2 quixemos facer dela un referente para o entretemento dos nenos e das nenas de este país e tamén para o público xuvenil".
A tvG2 emite 9 horas diarias de programación infantil en galego, un servizo público para garantir o desenvolvemento dos máis pequenos na língua propia.

