Capitán Aspanitas é unha personaxe de ficción creada por Aspanas Termal, centro especial de emprego, que xestiona Aspanas, a Asociación de Pais en Favor de Persoas con Discapacidade Intelectual de Ourense. Trátase dun proxecto pioneiro de integración laboral onde, ademais de buscar dar emprego a persoas con discapacidade de Ourense, axuda a inculcarlles aos máis pequenos da casa valores de tolerancia, igualdade e respecto polo medio ambiente. 

Nestas tres curtametraxes pódese gozar de tres aventuras orixinais na compaña do superheroe Capitán Aspanitas, do grupo de amigos formado por Sabela, Martiño, Lois e Raia, e do profesor Antón.