Soprando, aprendo a falar

Compartir en Facebook

A comunicación cos demais é unha das características do ser humano. E convén potenciala dende o principio. Falar moito co bebé dende que nace írao preparando para a adquisición da linguaxe. Debemos permitir que estea a carón de nós alí onde se fala. Tamén, potenciar o contacto con outros, para que descubra os segredos da linguaxe. Cando o noso fillo sexa un pouco máis grandiño podemos axudarlle a fortalecer os músculos da boca, imprescindibles para unha pronuncia axeitada. Podemos animalo a soprar. Así adestramos beizos e boca en xeral. 

 

Programa TVG: Preescolar na casa