Somos o que sentimos

Compartir en Facebook

Sentir é percibir, experimentar e conmoverse. Sentido é cada unha das facultades que temos as persoas para percibir por medio de órganos corporais a impresión dos obxectos externos e do mundo.

Sentir é interpretar. Temos entendemento e damos significado ao que percibimos. Tamén podemos experimentar sentimentos.

Sentir é comunicarse. Todo en nós é comunicación: somos mensaxes sensoriais. Recibimos esas mensaxes cando tocamos e cando nos tocan, cando ulimos e saboreamos, cando miramos. A educación dos sentidos comeza cando o neno empeza a relacionarse co medio.

Cando mira e quere tocar todo, cando fala e cando escoita, cando se está descubrindo a si mesmo.

Programa TVG: Preescolar na casa