-
Moldeando plastilina
Os xogos e as actividades artísticas son estímulos beneficiosos para o desenvolvemento intelectual e emocional do neno. Estas actividades fomentan a creatividade e danlles seguridade en si mesmos. Hoxe imos moldear. Empregaremos un material moi ligado á infancia, a plastilina. Coa plastilina, os nenos melloran a habilidade dos dedos e desenvolven en gran medida o sentido do tacto. E da vista, xa que temos plastilina de moitas cores. A través desta manipulació
-
Motricidade fina coa cana de pescar
O xogo é o acto máis serio do neno. Porque xogando, a nena desenvolve a súa intelixencia. Porque xogando, nenas e nenos aprenden a relacionarse co mundo, a comprendelo e a intervir nel. Hoxe imos propor un xogo para pescar sen saír da casa. Un xogo no que propiciaremos a motricidade fina cunha cana de pescar. Só un pau a modo de cana, un cordón e un pequeno arame. Así teremos a cana. E uns peixes de cores. Traballaremos a coordinación ó
-
Movemento e aprendizaxe
O movemento do neno condiciona a súa capacidade de relacionarse co medio. Afecta á súa coordinación e aprendizaxe. Porque a través do movemento exploramos e experimentamos co mundo que nos rodea e así coñecemos os límites do noso corpo e nosas capacidades.
-
Movementos para medrar
O desenvolvemento harmónico e integral dos fillos ten que ser o gran obxectivo a acadar por parte dos pais. Integral quere dicir que abarque tódalas áreas vitais da persoa, dende a área emocional ata a física. Hoxe imos con ximnasia. Desenvolvemento físico xunto con desenvolvemento emocional. Movementos para medrar.
-
Normas e límites
Ángela Torres, psiquiatra e profesora da USC, responde á seguinte pregunta: Por que son necesarias as normas e os límites para os máis pequenos?
-
O ambiente no que viven os nenos
Falamos dun ambiente seguro, coidado e estimulante, onde nenos e nenas constrúan a súa autonomía ao tempo que desenvolven unha personalidade equilibrada e feliz. Un ambiente harmonioso e cálido é o escenario ideal para que os nenos desenvolvan unha personalidade equilibrada.