O ambiente no que viven os nenos

Compartir en Facebook

Falamos dun ambiente seguro, coidado e estimulante, onde nenos e nenas constrúan a súa autonomía ao tempo que desenvolven unha personalidade equilibrada e feliz. Un ambiente harmonioso e cálido é o escenario ideal para que os nenos desenvolvan unha personalidade equilibrada. Trátase de respectar ao neno como é, no que precisa e demanda. Un ambiente rico e cheo de estímulos, nun espazo seguro e agradable, posibilita a experimentación. Hai que crear ambientes de vida. Os nenos precisan tempo para falar, xogar e medrar. O ambiente está feito de espazos, contactos e palabras. Está entretecido de risas e ruídos e da satisfacción das necesidades de nenas e nenos.

Programa TVG: Preescolar na casa