Movemento e aprendizaxe

Compartir en Facebook

O movemento do neno condiciona a súa capacidade de relacionarse co medio. Afecta á súa coordinación e aprendizaxe. Porque a través do movemento exploramos e experimentamos co mundo que nos rodea e así coñecemos os límites do noso corpo e nosas capacidades. Este coñecemento proporciona autonomía, e polo tanto seguridade e autoestima.

O movemento do ser humano non é só o resultado da contracción dalgún músculo, senón que é un acto voluntario orientado a un fin determinado, con un obxectivo, situado no medio que nos rodea.

O movemento é algo planificado e intencionado. Movémonos porque queremos conseguir algo que nos interesa do noso redor, persoa ou obxecto. Poñemos en marcha mecanismos precisos para chegar ata el. Os adultos sabemos de forma automática cales son estes mecanismos. E sabémolo porque os fixemos moitas veces e os temos automatizados, e non temos que pensalos antes de realizalos. 

Programa TVG: Preescolar na casa

Valoración
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí