Explorando sons

Compartir en Facebook

Desde o niño do ventre, o feto escoita como palpita o corazón da nai. É o primeiro achegamento rítmico ó mundo. Esas experiencias sensoriais están determinadas polo líquido amniótico que baña os oídos do bebé. A partir de aí empezará a escoitar os sons  do mundo. A imitación deses sons que escoita vai ser a base da súa linguaxe.

O bebé emite dun xeito inconsciente os sons que o rodean, e comeza a rexistralos e memorizalos. Oír é unha das nosas funcións naturais, pero esa capacidade modifícase por factores do ámbito onde vivimos. Escoitando poñémonos en contacto cos outros e co ambiente.

Escoitamos culturalmente. Para un neno cada son é síntoma de movemento. Se algo soa é porque se move e cambia. 

Programa TVG: Preescolar na casa