Construíndo a autoestima

Compartir en Facebook

 

A autoestima constrúese a través dun proceso de interiorización que comeza no nacemento e que se vai modificando ó longo da vida. Ven dada pola imaxe que os outros teñen de nós mesmos, e polo valor que nós damos a esa imaxe. Durante a infancia e a adolescencia a autoestima crea unha marca profunda, porque é cando nos atopamos máis vulnerables e flexibles.

Unha axustada autoestima fará que o neno experimente efectos positivos como a confianza, o ánimo, o interese e o pracer de aprender. Por iso é necesario que se comece a afianzar dende que o neno é un bebé. O afecto e o cariño entre bebé e pais, son a base da autoestima. O neno, debe sentirse querido. Iso é o máis importante. Para fomentar a autoestima podemos facer moitas cousas na casa, comezando por ter en conta que cada neno é único. Somos diferentes uns doutros. 

 

Programa TVG: Preescolar na casa

Valoración
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí