-
Movementos para medrar
O desenvolvemento harmónico e integral dos fillos ten que ser o gran obxectivo a acadar por parte dos pais. Integral quere dicir que abarque tódalas áreas vitais da persoa, dende a área emocional ata a física. Hoxe imos con ximnasia. Desenvolvemento físico xunto con desenvolvemento emocional. Movementos para medrar.
-
O balón, rei dos sentidos
Nas casas con nenos sempre hai balóns. O balón é un dos mellores xoguetes. O balón é barato e divertido. Aporta importantes beneficios para o desenvolvemento harmónico dos nenos e das nenas. O balón entra por tódolos sentidos. É atractivo e estimulante. Axuda a desenvolver o equilibrio, a afirmar o esquema corporal, a potenciar a forza muscular e a xogar a moitos xogos. O balón sempre é benvido nos xogos dos nenos. Sen imp
-
Puntería no chan
O papel da familia é decisivo á hora de proporcionar aos fillos xogos e xoguetes con estímulos que fagan que o desenvolvemento se leve a cabo de maneira satisfactoria. Hoxe propoñeremos xogos que non precisan de grandes preparativos nin materiais. Con materiais que atoparemos nada máis abrir a porta da casa. Só precisamos isto. Unhas cantas pedras para lanzar. Hoxe xogaremos a afinar a puntería, adestrando movementos corporais como inclinarse, axeonl
-
Que importante é xogar
O xogo é imprescindible na vida dos máis pequenos. Estamos convencidos, como din importantes pedagogos e estudosos da infancia que "os xogos dos nenos e nenas deberían considerarse como os seus actos máis serios". En Preescolar na Casa sempre o tivemos claro. “Que importante é xogar”.
-
Somos o que sentimos
Sentir é percibir, experimentar e conmoverse. Sentido é cada unha das facultades que temos as persoas para percibir por medio de órganos corporais a impresión dos obxectos externos e do mundo.
-
Temos corda para rato
Nenos e nenas están en continuo desenvolvemento. Día a día e hora tras hora aprenden a coñecer o mundo. E boa parte de culpa disto tena o xogo. Os xogos que presentamos sérvenlles aos fillos para tomar conciencia do propio corpo e das súas capacidades de movemento. Tamén servirán para desenvolver as súas posibilidades de coordinación e a para a aprendizaxe de conceptos importantísimos. Hoxe, imos xogar con cordas. Temos cor