Apostando polos primeiros anos
A educación infantil é unha etapa fundamental, e non só en relación coa súa función asistencial, de coidados e sanitaria, senón, e prioritariamente, pola súa función eminentemente educativa. Trátase dunha etapa fortemente educativa é non só unha preparación para a etapa escolar. Incluír esta etapa da educación infantil dentro do sistema educativo ten razóns sociais e políticas de peso. É a única maneira de asegurar a igualdade real das nenas e dos nenos respecto á educación