Amor de pais

Compartir en Facebook

 

O amor debe ser a atmosfera na que se envolvan as actuacións de nais e pais. O neno debe medrar con amor. Este ten que ser a esencia da educación. Querer ós fillos non é só alimentalos, vestilos e calzalos. Querer ós fillos implica unha aceptación incondicional da súa persoa con tódalas súas cualidades e defectos. Querer ós fillos e dicirlles, con xestos e accións, que os apreciamos como son aínda que ás veces se equivoquen ou fagan cousas que non están ben. O noso amor será a base da súa felicidade e da confianza neles mesmos. Un neno que se sente querido e que o sabe, sentirase protexido e fortalecido, e as súas aprendizaxes serán mellores. “Amor de pais”.

 

 

Programa TVG: Preescolar na casa

Valoración
  • 3,2448979591837
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí