A través dos sentidos

Compartir en Facebook

Coñecen o mundo polo que tocan, polo que escoitan, polo que olen, polo que saborean e polo que ven. Nenas e nenos coñecen o mundo a través dos sentidos. E por iso son os pais os que teñen que estimular os sentidos dos nenos desde os primeiros anos. Hai moi boas razóns: cantas máis informacións cheguen ó seu cerebro a través dos sentidos, máis oportunidades de desenvolverse terá a intelixencia. Eles están a aprender desde que nacen. Fano incansablemente con todo o corpo. Cos sentidos recoñécense a si mesmos, diferéncianse dos demais, coñecen o espazo no que viven e establecen unha riquísima urdidura co contorno e coas persoas. 

Programa TVG: Preescolar na casa

Valoración
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí