A caixa e a variña máxica
Nenas e nenos están todos sentados ao redor da mesa tapada cun pano. Entran adultos coa caixa máxica e colocan enriba da alfombra con moito coidado. É unha caixa xigante. Ten as paredes de moitas cores. A maxia, a fantasía, a imaxinación son algúns dos ingredientes que temos que cociñar no tempo educativo dos nenos e das nenas. O inédito, o chamativo, os elementos sorpresa son dos recursos que podemos empregar para estimular a imaxinación dos máis pequenos. Hoxe intentámolo cunha caixa chea de sorpresas e cunha variña máxica. A caixa e a variña máxica.