Verbas de sal
- Autor: García Teijeiro, Antonio ; ilustrador: Alberto Vázquez.
- Editorial: Xerais
- Colección: Merlín
- Ano: 2011
Vilamollada é o pobo no que vive Xulieta, unha nena inqueda e curiosa que decide observar de preto a don Evaristo, un home misterioso e gris, considerado tolo por todos os veciños. O que Xulieta está a descubrir, coa inestimable compaña dun monifate pintado que cobra vida para axudarlle, é que don Evaristo será a voz que ilumine coa súa poesía á xente dese lugar.
Verbas de sal é segundo o crítico literario Armando Requeixo "unha deliciosa historia de amizade e fe no valor da Palabra. Un alegado a favor da Poesía nestes tempos paupérrimos nos que o telelixo o fagocita todo".
Recomendado por: Reme Vázquez