Á SOMBRA DO LUEIRO DE PAPEL

Compartir en Facebook
  • Autores: Antonio García Teijeiro;  Manuel Uhía, ilustrador
  • Editor: Everest Galicia
  • Colección: Ler é Vivir
  • Ano: 2007

Este libro non está rematado, tédelo que rematar vós, coa vosa participación. Neste libro de poemas hai moitas lúas: hai unha lúa namorada bailando cun fermoso vestido branco, e tamén atopamos una lúa solidaria que bica un neno saharaui que chora porque non a pode ver. A lúa  voa, soña e se sinte poeta, e convida aos pequenos lectores a facerlle rimas e ilustracións para que constrúan cadanseu lueiro de papel.

Propostas: É un libro para a participación, para compartir en familia e na escola.

Recomendado por: Mercedes Cerdeiras