Silvana, a filla do explorador. Os espíritus azuis

Compartir en Facebook

Os Espíritus Azuis é a primeira entrega da serie de cómic Silvana, a filla do explorador. Nesta ocasión, Ramón Marcos preséntanos á súa protagonista, unha rapaza aventureira que viaxa co seu tío Hércules á selva de Sumatra. Antes de chegar ó destino final tío e sobriña vense envoltos nun misterioso caso relacionado cuns demos que atacan ós arqueólogos dunha escavación en Exipto. O papel de Silvana na resolución deste misterio voltase determinante.

O cómic é sempre unha boa maneira de achegar a lectura ós rapaces, e mais neste caso, no que o trazo e os recursos estilísticos e pictóricos son de gran calidade.

Recomendado por: Mercedes Cerdeiras