Os reloxos preguiceiros da néboa

Compartir en Facebook
  • Autor: Lama, Xavier ; Ilustrador: Xosé Tomás
  • Editorial: Xerais
  • Colección: Teatro. Biblioteca Dramática Galega
  • Ano: 2010
  • V Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2010

Sinopse: Os reloxos preguiceiros da cidade de Néboa deixaron de calcular o tempo. Este suceso desorienta aos habitantes da cidade onde unha brétema constante case non deixa ver o sol. A alcadesa Sabela Depresa, xunto coa súa colega detective Lupita Grande, tentará resolver este misterio e chegar á orixe deste extraño caso.

Mediante unha sucesión de peculiares personaxes coma Hipócrates Verruga, Baldomero Ninsesabe e o cociñeiro Chung Pataching créase unha atmósfera chea de intriga que se desenvolve en dez escenas, introducidas por un “Achegamento Argumental” dende o que queda patente o carácter dramático da obra e a súa idoneidade para ser representada.

Recomendado por: Reme Vázquez