OS LUNARES DE LOLA
- Autoras: Xoana Álvarez e Raquel Álvarez
- Editor: Triqueta verde
- Ano: 2011
Este domingo Lola ten un plan con seus pais: ir de paseo á praia a xogar co seu papaventos! Os paraugas do paraugueiro tamén queren saír e volver ver o mar, pero vai tanto tempo que non chove… Entón o paraugas de lunares de Lola ten unha idea xenial, todos os círculos de cores subíronse nos zapatos da nena e emprenderon a busca de axuda para facer chover. E vaia se o conseguiron!
Recomendado por: Mercedes Cerdeiras