O PIRATA PATA DE LATA
- Autores: OLI & Ramón Trigo
- Editor: Kalandraka
- Colección Demademora
- Ano: 2008
Este conto fala da historia dun pirata feroz, dos de verdade eh? – con parche nun ollo, pata de lata e papagaio Simeón – É un pirata que cando esperta busca alguén con quen loitar. Pero non atopa a ninguén que lle faga caso; soamente unha pantasma espantada que o fai percorrrer o mundo enteiro tras del ¡ata a China!
Recomendado por: Mercedes Cerdeiras
