O peizoque Roque

Compartir en Facebook

 

  • Autor e Ilustrador: Dores Tembrás, Xosé Tomás.
  • Editorial: Galaxia.
  • Colección: Árbore. Os duros.
  • Ano: 2012
O peizoque Roque dá vida a un paporroibo que anda á procura da palabra. Os versos que compoñen o libro están cheos de musicalidade e ritmo, como o propio "colage" das ilustracións, un ritmo sustentado na Palabra como eixo e como sustento, posto que este paxariño que adoraredes coa lectura vai atesourando e acumulando palabras que lle ofrece o universo que el coñece e que logo compartirá con seus irmáns, porque son as palabras símbolo de amor e de saber, nesa referencia implícita á cultura que debemos reforzar dende que somos pequerrechos.