O PEIXE VERMELLO
- Autores: Taeeun Yoo
- Editor: Factoria K de libros
- Ano: 2011
Un día Ramiro acompaña a seu avó ao traballo nunha biblioteca moi antiga, e leva consigo o seu amigo, o peixe vermello. Ramiro queda abraiado con tanto libro, míraos todos, pero son tantos que moi canso queda adormecido. Cando esperta o peixe desapareceu, e entón Ramiro búscao por toda a biblioteca. Será posible que o seu amigo estea dentro dun libro?
Este libro gustarache porque fala de libros, empeza a falar deles antes de que comece a historia, porque as ilustracións empezan xa a contar desde que abres a tapa do libro, e remátaa tamén coa dobre páxina ilustrada da tapa final. Ademais da historia vanche gustar moitísimo as ilustracións, que son tamén da ilustradora coreana-americana, mesmo parece que esteas a ver unha película. Un libro ben bonito.
Propostas: É un libro para mirar ao tempo que lemos a historia, porque aínda que non saibamos ler podemos ver as ilustracións e entender a historia que nos conta.
Recomendado por: Mercedes Cerdeiras