O papaventos de Laura

Compartir en Facebook
  • Autor e Ilustrador: María Canosa, Daniel Iglesias Padrón
  • Editorial: Deputación de Ourense
  • Ano: 2011
  • VIII Premio de Literatura Infantil “Pura e Dora Vázquez”.

Sinopse

Laura recibe un fermoso agasallo do seu padriño: un papaventos con forma de barco pirata. Un día foi voalo á praia e escapoulle, pero recuperouno chamando por el (xa que se lle ocorrera bautizalo co nome de “Pluma Negra”). 

O papaventos contoulle que quedara enleado nunha nube. Grazas ao seu novo amigo, a protagonista saberá sempre das historias das nubes: as súas reunións, a decisión de que no verán chovan flores en troques de auga, a chuvia de soños fantásticos, a competición de formas que organizaron, etc. 

Tomado de: Galician books for children & young adults 2012. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2012.