O MEU GATO É UN POETA

Compartir en Facebook
  • Autores: Fran Alonso
  • Editor: Xerais
  • Colección: Sopa de libros, nº 39
  • Ano: 2011

O gato de Fran Alonso é poeta, un poeta 2.0, “e escribe porque lle peta”, miaña, xoga coas palabras (gústanlle especialmente as palabras con ele), ás veces ten medo e cántalle á lúa, tamén se namora, e dá receitas especiais para todos os nenos aos que lles gusta a poesía. O mellor de todo é que ti tamén podes xogar coas palabras e con este libro, porque podes entrar na web e empezar a xogar (Ollo! tes que usar unha clave especial que vén no libro), e ademais o libro contén un CD con cancións que cantan Fran e súa filla acompañados ao acordeón por Xurxo Souto. Vas o aproveitar, xa verás!

É un libro para xogar coa poesía só ou en compañía, divertido para xogar coa web en familia e tamén na escola.

Recomendado por: Mercedes Cerdeiras