O GRAN LIBRO DOS MEDOS DO RATO PEQUENO

Compartir en Facebook
  • Autora: Emily Gravett
  • Editor: Patasdepeixe
  • Ano: 2011

Seguro que as veces sintes medo, e ese medo pode ter un nome como a aracnofobia. Pero tamén podes sentir medos á cousas coma a que rimchen as portas, as pingas do lavabo…Este libro roido é un catálogo dos medos e fobias dun rato pequeño, pero valente, xa que os enfrenta  debuxando e escribindo, e sobre todo poñéndolles un nome. É un libro ben especial, xa que podemolo empezar a ler desde as páxinas de guardas, e en cada dobre páxina este rato pequecho enfróntase a un medo real ou fantástico, como tamén podes facer nos espacios que deixa o ratiño. Tes ti tantos medos como o noso protagonista? 

Recomendado por: Mercedes Cerdeiras