O corazón de Xúpiter
- Autora: Ledicia Costas
- Editorial: Xerais.
- Colección: Fóra de Xogo.
- Ano: 2012.
- Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuveni 2012
- Palabras clave: Amizade, Ciberespazo, Amor, Drama.
Sinopse:
Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas.