Libros recomendados
+ de 9 anos-
Miguel Strogoff
Magnífica adaptación ao galego, realizada pola escritora e tradutora Ánxela Gracián e ilustrada por Calros Silvar, dunha das novelas máis coñecidas e adaptadas de Jules Verne, xunto A volta ao mundo en 80 días e 20.000 leguas baixo dos mares
-
O neno can
O neno can é un libro de relatos nos que quixeron abordar asuntos relacionados cos dereitos da infancia, ou máis ben, coa falta de dereitos básicos que unha parte moi importante dos nenos e nenas do mundo padecen hoxe en día.
-
Larpancia saborosa do lobo e a raposa: farsa de monifates nun lance
Nesta moderna fábula, os animais protagonistas amosan o choque de mundos entre a maneira natural e e harmónica de vivir no rural e o superficial e frívolo dos habitantes da urbe.
-
Os reloxos preguiceiros da néboa
Os reloxos preguiceiros da cidade de Néboa deixaron de calcular o tempo. Este suceso desorienta aos habitantes da cidade onde unha brétema constante case non deixa ver o sol. A alcadesa Sabela Depresa, xunto coa súa colega detective Lupita Grande, tentará resolver este misterio e chegar á orixe deste extraño caso.
-
Verbas de sal
Vilamollada é o pobo no que vive Xulieta, unha nena inqueda e curiosa que decide observar de preto a don Evaristo, un home misterioso e gris, considerado tolo por todos os veciños.
-
VALADOS
A historia que conta este libro fala de muros físicos e tamén de muros invisibles. Ten como protagonistas a Helena e Xoel, dous nenos dun pobo, amigos inseparables, que loitan por superar as barreiras que os adultos e as clases sociais lle imponen, e por alimentar a súa amizade. Eles superarán as barreiras da intolerancia e do racismo.