Libros recomendados
+ de 8 anos-
Bocadillos e sándwiches
Ouvirmos bota a andar a colección “Cociña infantil e familiar” coa publicación do volume Bocadillos e sándwiches. A través deste libro de receitas, e dos nove restantes que completarán a colección, descúbreselles o mundo da cociña aos máis pequenos como actividade lúdica e creativa.
-
Cos ollos na lúa
Dark (un can brango e negro) e Noa (a súa ama) forman unha parella que a pesar das súas diferenzas cultivan unha fermosa amizade basada na confianza, na complicidade e no agarimo
-
ZIMBO
Zimbo é un monicreque, un boneco de madeira que desexa liberdade, pero o monicrequeiro quéreo como a un fillo e dóelle que queira cortar os fíos que supoñen a súa independencia.
-
Á SOMBRA DO LUEIRO DE PAPEL
Este libro non está rematado, tédelo que rematar vós, coa vosa participación. Neste libro de poemas hai moitas lúas: hai unha lúa namorada bailando cun fermoso vestido branco, e tamén atopamos una lúa solidaria que bica un neno saharaui que chora porque non a pode ver. A lúa voa, soña e se sinte poeta, e convida aos pequenos lectores a facerlle rimas e ilustracións para que constrúan cadanseu lueiro de papel.<
-
DEZ PIRATAS
Este conto rimado conta a busca dun tesouro, o Marranchiño de Ouro, polos piratas da tripulación do barco Marabillas. Os piratas Orella de Cachucha, Leonardo Biosbar, Tripas, O Patatán, Furriqueiras, Man de Fouciño, Cascarilla, Corazón de Boi, Pistraca e o capitán Bocanegra van na procura do tesouro, pero a tripulación vai minguando a medida que suceden as aventuras, incluíndo o encontro con Vanesa Caracortada e a nave Capitana.