Libros recomendados
+ de 5 anos-
ONCE DAMAS ATREVIDAS
Este conto é una adaptación feita por Xosé Manuel González Barreiro (OLI) a partir dun conto popular. Trátase dun conto rimado que nos invita a facer unha fabulosa viaxe imaxinaria polo mundo, visitando Marrocos, pasando por Moscú, México, Australia, etc., ata rematar en Galicia. Os lugares polos que pasan, as súas culturas, engaiolan as damas que van quedando nelas.
-
CONTOS PARA NENOS QUE DORMEN DESEGUIDA
Este é un libro de contos curtos, algúns moi, pero que moi curtos; son contos para antes de durmir, e como seguro que ti en canto te metes na cama dormes deseguida, por iso os contos son curtiños, para que non quedes durmido sen saber o final.
-
O PEIXE VERMELLO
Un día Ramiro acompaña a seu avó ao traballo nunha biblioteca moi antiga, e leva consigo o seu amigo, o peixe vermello. Ramiro queda abraiado con tanto libro, míraos todos, pero son tantos que moi canso queda adormecido.
-
DIARIO DE PICHÜK: as minchas de Aridöndia
Esta é una história fantástica sobre o Planeta Mincha, máis concretamente sobre a rexión de Aridöndia. Neste planeta conviven moitas razas: ardos, lampönak, xordosauros…entre eles as Minchas.