Libros recomendados
+ de 3 anos-
Un rato díxolle á lúa de Antonio García Teijeiro. Xerais
Trátase dunha antoloxía de poemas acompañado dun CD con tres poemas musicados e interpretados por Paco Ibáñez.
-
O peizoque Roque
O peizoque Roque dá vida a un paporroibo que anda á procura da palabra. A palabra como símbolo e como eixo poético.
-
Soños de pixamas
¿E se o pixama fose a roupa de vestir a diario? Os rapaces e rapazas irían á escola en pixama de raias, os xogadores de fútbol, os bombeiros, os varredores... todos con esta prenda pola rúa e nos seus traballos. ¿Será o soño de todo pixama ou máis ben un pesadelo?
-
O PIRATA PATA DE LATA
Este conto fala da historia dun pirata feroz, dos de verdade eh? – con parche nun ollo, pata de lata e papagaio Simeón