Libros recomendados
+ de 12 anos-
Palabras de auga
Un libro que nos transporta á África máis profunda, a esoutra realidade á que tan doadamente lle damos as costas, a un lugar calquera de esa inmensidade continental onde o sufrimento é continuo e a busca de alimentos a única opción de supervivencia.
-
Rugando
Novela xuvenil na que nos propón unha historia en dous tempos: o noso presente e os comezos do XIX, nos anos previos á desamortización de Mendizábal.
-
Centauros do norte
Rafael tiña dezaseis anos e non era un revolucionario, senón músico. Mais o asasinato do seu pai e o seus desexo de vinganza levarano a cabalgar canda o xeneral Pancho Villa, un vello filósofo, Longinos, e unha moza india, Reina Huarte.
-
Mortos e ningures
En Mortos de ningures nárrase o caso dos mortos “ningurenses”. A inspectora Nola, coa colaboración do seu gato Lolo, debe reconstruír o acontecido na cidade de Todures, onde aparecen varios mortos da localidade veciña de Ningures que comparten unha característica: todos eles deixan correr sangue verde.
-
A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS
Serafina é a protagonista desta historia. Ela vive coa súa tía, dona Perfecta, e a súa maior ilusión é traballar nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que fai equilibrismo.