Libros recomendados
Conto rimado-
A pantasma da casa da Matanza de Miro Villar. Biblos
A sombra desta historia é especial, porque é a sombra que viviu na casa da matanza, a casa de Rosalía de Castro, e neste conto rimado cóntanos a súa experiencia.
-
ONCE DAMAS ATREVIDAS
Este conto é una adaptación feita por Xosé Manuel González Barreiro (OLI) a partir dun conto popular. Trátase dun conto rimado que nos invita a facer unha fabulosa viaxe imaxinaria polo mundo, visitando Marrocos, pasando por Moscú, México, Australia, etc., ata rematar en Galicia. Os lugares polos que pasan, as súas culturas, engaiolan as damas que van quedando nelas.
-
DEZ PIRATAS
Este conto rimado conta a busca dun tesouro, o Marranchiño de Ouro, polos piratas da tripulación do barco Marabillas. Os piratas Orella de Cachucha, Leonardo Biosbar, Tripas, O Patatán, Furriqueiras, Man de Fouciño, Cascarilla, Corazón de Boi, Pistraca e o capitán Bocanegra van na procura do tesouro, pero a tripulación vai minguando a medida que suceden as aventuras, incluíndo o encontro con Vanesa Caracortada e a nave Capitana.
-
O PIRATA PATA DE LATA
Este conto fala da historia dun pirata feroz, dos de verdade eh? – con parche nun ollo, pata de lata e papagaio Simeón