Libros recomendados
Aventuras-
Palabras de auga
Un libro que nos transporta á África máis profunda, a esoutra realidade á que tan doadamente lle damos as costas, a un lugar calquera de esa inmensidade continental onde o sufrimento é continuo e a busca de alimentos a única opción de supervivencia.
-
Rugando
Novela xuvenil na que nos propón unha historia en dous tempos: o noso presente e os comezos do XIX, nos anos previos á desamortización de Mendizábal.
-
Miguel Strogoff
Magnífica adaptación ao galego, realizada pola escritora e tradutora Ánxela Gracián e ilustrada por Calros Silvar, dunha das novelas máis coñecidas e adaptadas de Jules Verne, xunto A volta ao mundo en 80 días e 20.000 leguas baixo dos mares
-
O papaventos de Laura
Laura recibe un fermoso agasallo do seu padriño: un papaventos con forma de barco pirata. Un día foi voalo á praia e escapoulle, pero recuperouno chamando por el (xa que se lle ocorrera bautizalo co nome de “Pluma Negra”).
-
Silvana, a filla do explorador. Os espíritus azuis
Os Espíritus Azuis é a primeira entrega da serie de cómic Silvana, a filla do explorador. Nesta ocasión, Ramón Marcos preséntanos á súa protagonista, unha rapaza aventureira que viaxa co seu tío Hércules á selva de Sumatra.
-
A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS
Serafina é a protagonista desta historia. Ela vive coa súa tía, dona Perfecta, e a súa maior ilusión é traballar nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que fai equilibrismo.
-
Verbas de sal
Vilamollada é o pobo no que vive Xulieta, unha nena inqueda e curiosa que decide observar de preto a don Evaristo, un home misterioso e gris, considerado tolo por todos os veciños.
-
DEZ PIRATAS
Este conto rimado conta a busca dun tesouro, o Marranchiño de Ouro, polos piratas da tripulación do barco Marabillas. Os piratas Orella de Cachucha, Leonardo Biosbar, Tripas, O Patatán, Furriqueiras, Man de Fouciño, Cascarilla, Corazón de Boi, Pistraca e o capitán Bocanegra van na procura do tesouro, pero a tripulación vai minguando a medida que suceden as aventuras, incluíndo o encontro con Vanesa Caracortada e a nave Capitana.
-
O PEIXE VERMELLO
Un día Ramiro acompaña a seu avó ao traballo nunha biblioteca moi antiga, e leva consigo o seu amigo, o peixe vermello. Ramiro queda abraiado con tanto libro, míraos todos, pero son tantos que moi canso queda adormecido.
-
O PIRATA PATA DE LATA
Este conto fala da historia dun pirata feroz, dos de verdade eh? – con parche nun ollo, pata de lata e papagaio Simeón