CONTOS PARA NENOS QUE DORMEN DESEGUIDA
- Autores: Pinto & Chinto
- Editor: Kalandraka
- Colección: Seteleguas
- Ano: 2010
Este é un libro de contos curtos, algúns moi, pero que moi curtos; son contos para antes de durmir, e como seguro que ti en canto te metes na cama dormes deseguida, por iso os contos son curtiños, para que non quedes durmido sen saber o final. É fantástico porque cada conto ten unha ilustración enorme ao lado. Hai contos de piratas, de príncipes e princesas, de bruxas, indios, monstros; de tesouros, de nenos valentes, de sereas, de ríos, e ata do home do saco. Felices contos, e boas noites!
Propostas: É un libro para ler antes de durmir, divertido para compartir en familia; e na escola pódese usar como complemento de diversas áreas: lingua e plástica por exemplo.
Recomendado por: Mercedes Cerdeiras