CRTVG

Buscar

Está pasando

Zverev-Federer final de Montreal

13/08/2017 05:30
O alemán Alexander Zverev medirase ó suizo Roger Federer na final do torneo de tenis de Montreal tras vencer na semifinal ó canadense Denis Shapovalov por 5-4 e 7-6.

Shapovalov, de 18 anos, eliminou o xoves a Rafa Nadal en oitavos de final.

Federer superou na súa semifinal ó holandés Robin Haase por 6-3 e 7-6 e xogará por sexta vez a final do Masters 1000 de Canadá, que gañou en dúas ocasións.