CRTVG

Buscar

Está pasando

Van sete falecidos por gripe en Galicia

11/01/2017 19:29

Ascenden a sete as persoas falecidas en Galicia por mor da gripe. Así consta no último informe do Sergas, referido a esta doenza.

Segundo a Consellería de Sanidade, todos os falecidos presentaban factores de risco. Catro deses pacientes vacináranse contra a gripe.

Durante a primeira semana do ano, as chamadas ao 061 por gripe e infeccións respiratorias agudas foron superiores á media e medraron respecto ao ano pasado. A Coruña e Ourense son as provincias con máis casos de contaxio polo virus.

O Sergas prevé que o impacto da gripe continuará sendo semellante ou mesmo superior nas vindeiras semanas.