CRTVG

Buscar

Está pasando

Un morto e varios feridos no proceso de consulta en Venezuela

16/07/2017 23:14

Polo menos unha persoa foi asasinada e outras catro quedaron feridas durante a consulta opositora en Caracas, segundo confimou o Observatorio Venezolado da Conflitividade Social.

O incidente tivo lugar ao oeste da capital do país, cando un grupo de homes armados disparon durante a celebración do plebiscito da oposición contra o proceso constituínte activado polo Goberno venezolano.